Atalaia

Antonio Franco. Autorretrato. 2008. Óleo sobre lenzo, 195 x 162 cm
> Sinergias. Arte latinoamericano actual en España
Datas: 11/11/2010 - 27/02/2011

Descrición

Artistas presentes na exposición. Laura Lío, Iván Marino, Andrea Nacach (Argentina). Marlon de Azambuja (Brasil). Natalia Granada, Antonio Franco (Colombia). Carlos Garaicoa, Armando Mariño (Cuba) Tomás Ochoa (Ecuador) César Martínez (México) Sandra Gamarra (Perú) Daniel Charquero, Carlos Capelán (Uruguay). Alexander Apóstol (Venezuela).

O concepto de sinerxia remite, segundo a RAE (Real Academia Española), "a la acción de dos o más causas cuyo efecto es superior a la suma de efectos individuales", e aplícase a ista exposición porque xunta traballos de artistas latinoamericanos en cuxas vidas actúan as súas orixes e identidades culturais coa experiencia dunha fonda inmersión na sociedade e na cultura españolas.

Sinergias. Liñas de reflexión no marco do Bicentenario. No ano 2010 conmemórase o Bicentenario do comezo das independencias de América Latina. A data constitúe unha plataforma idónea a partir da que debatir distintos aspectos da situación contemporánea de Latinoamérica, pero tamén sobre os coñecementos recíprocos e as opinións das dúas beiras do Atlántico.

Sinergias. Arte latinoamericano actual en España constitúe o punto de partida dunha investigación que se inscribe dentro da construción de novas bases críticas para discutir a arte latinoamericana na súa articulación cos procesos globais. A pertinencia do proxecto reside no feito de que a enerxía da arte latinoamericana actual e o interese internacional que desperta non coinciden, sen embargo, cun coñecemento actualizado das súas peculiaridades dentro dos circuitos institucionais españois.

Fonte: MACUF