Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Roberto González Fernández. Holyrood 0809

Atalaia

RGF. Holyrood, XII. 1992. Óleo sobre lenzo. 42 x 200 cm
> Roberto González Fernández. Holyrood 0809
Datas: 21/01/2011 - 01/03/2011

Descrición

"Holyrood é unha abadía, un palacio, un parque cun volcán no medio de Edimburgo, e un proxecto pictórico de Roberto González Fernández. A través de trinta cadros, séguese a historia dunha estreita e intensa relación entre o pintor e a paisaxe que descubre un día de xaneiro do 1977, ao subir ao segundo piso do número 24 de Regent Terrace, en Edimburgo, e mirar polas súas fiestras. Isa vista cambia a súa vida, reténdoo desde aquela ligado a Escocia."

 Fragmento do limiar no catálogo Holyrood, do 1992, por Javier Mazorra

"Xa pasaron trinta e tres anos desde que cheguei e vin por vez primeira a paisaxe que Xavier descrebe nese texto, e cada verán que volto a Edimburgo, sego a quedarme impresionado diante de ela. A serie Holyrood 0809 é un proxecto-homenaxe a ise espazo no que, co paso do tempo e a través de novas tecnoloxías, desapareceron os personaxes e xurdiron edificios tan emblemáticos como o Parlamento escocés ou o Dynamic Earth."

RGF

 

Fonte: Galería Clérigos