Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolle Unha mirada sobre as actitudes humanas, do escultor Ramón Conde (Ourense, 1951), unha mostra formada por un total de 20 pezas, na súa meirande parte rostros e torsos policromados, nos que se enfatiza o xesto e a actitude como vehículo de transmisión dos sentimentos. A exposición está orixinada e, finalmente dedicada, á filla do artista, Laura Conde, con motivo do remate dos seus estudos de Psicoloxía. Deste xeito, Ramón Conde quere poñer énfase na importancia do xesto e da actitude como vehículo de transmisión dos sentimentos, e así o desenvolve nestas cabezas e corpos onde a policromía reforza as expresións.
Neste traballo, o escultor quere salientar tamén a relación non coincidinte entre o que se é e a imaxe que se proxecta. "Sempre interpretamos segundo o noso propio código valorativo, que ademais de persoal é cultural", di Conde. Outro punto importante para o escultor é mostrar as relacións interpersonais que "poucas veces son neutras, senón que manifestan a míudo o poder, sendo o punto de vista dominante o que prevalece".
O resultado, segundo Conde, "é unha mostra minimalista e sintética respecto doutros traballos feitos con aterioridade, onde as figuras eran completas e representaban un mundo en si mesmo; agora a miña intención é máis simple, trátase de crear arquetipos dun único sentimento".
LINK: Vídeo-entrevista na sala de exposicións
Fonte: Deputación de Ourense