Atalaia

Manuel Quintana Martelo. Serie Containers. 2014
> Manuel Quintana Martelo
Datas: 17/12/2015 - 28/02/2016

Descrición

A exposición de Manuel Quintana Martelo, comisariada por Miguel Fernández-Cid, recolle obra recente do pintor. Miguel Fernández-Cid descrebe así o plantexamento da exposición: "Aproveitáronse as dúas plantas do edificio para marcar unha diferenza: na planta baixa reúnense cadros dos últimos anos nos cales os obxectos, Quintana, lévaos a primeiro plano e tamén aparece nesta sala o salto á escultura nesa busca das caras do obxecto que a pintura non lle deixaba representar. E, na segunda planta, móstrase o traballo máis recente, dos últimos tres anos, de Quintana Martelo, unha especie de bodegóns urbanos. (...) Nos cadros de Manuel Quintana Martelo sempre hai como unha especie de relato do proceso que lle levou a pintalo, algo que se ve moi ben nas obras expostas na sala superior".

Fonte: Centro Cultural Marcos Valcárcel. Deputación de Ourense

 

Vídeo sobre a exposición