Atalaia

Massimo Bartolini. Singing North. 2012. Cortesía Fondazione Musica per Roma
> Phonology of noise: The voice as sound object
Datas: 01/03/2013 - 01/03/2013

Comisariado

Sandro Gronchi

Descrición

 

Na inauguración da exposición HUM, de Massimo Bartolini, tivo lugar no MARCO a sesión titulada Phonology of noise: the voice as sound object, que consistiu nunha escolma de obras de artistas que experimentaron coa voz dende finais dos anos setenta, retransmitida en directo dende a web de Radical Matters - Editions/Label series.

Unha selección, comisariada por Sandro Gronchi, adicada á acción creativa de gravar e/ou manipular a voz como obxecto sonoro. A sesión iníciouse con experimentos clásicos de finais dos setenta, con correntes como Fluxus, poesía sonora, e composicións vogais extra-literarias; e recolleu propostas de experimentos acusmáticos, radicalismos post-industriais, accionismo sonoro contemporáneo, rituais electroacústicos, accións de transcomunicación psicofónica, ou proxeccións de black metal de vangarda, entre outras.

 

Retransmisión de Phonology of noise: the voice as sound object 

Fonte: MARCO