Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Pedro Muiño. Del Diccionario de la Taumaturgia

Atalaia

Pedro Muiño. Geografía de los Desvelos VI, 2012, da serie Del Diccionario de la Taumaturgia. Acrílico/lenzo. 50x70 cm.
> Pedro Muiño. Del Diccionario de la Taumaturgia
Datas: 09/11/2012 - 07/12/2012

Artistas

Pedro Muiño

Descrición

En febreiro do ano 2.008, nun texto que titulaba De la crisis, escribía o párrafo que agora transcribo:

"Encontro certa dificultade para explicar o que ocorre na obra na que estou a traballar nestes dous últimos anos... É evidente que xorde dunha crixe, dunha convulsión orixinada polo esgotamento do discurso xerado na miña obra anterior, iniciada nos primeiros anos noventa, así como dun certo desacougo vital que considero superado. Para os orientais, o concepto de crise non implica unha connotación negativa, senón que suxire unha nova posibilidade, un desafío. Esta obra actual non xorde dunha ruptura radical coa anterior, senón que ten a súa orixe nunha serie de traballos dos anos 1994, 1996 e 2001, traballos que non tés ocasión de mostrar, ese tipo de obra paralela que permanece no estudio e que co tempo remata por acadar unha presencia. É o xérmolo de obra futura, aflora e termina por facerse visible. Esta etapa de crise está a ser frutífera dabondo en canto a produción; entre outras, teño excutado unha serie de obras que denominarei aquí, dunha forma un tanto gratuita, como serie negra, que sen dúbida é a obra máis mínimal que teño realizado ata agora; un cento de obras de pequeno e mediano formato que serviron para limpar, depurar e voltar con outra mirada. Aínda así, creo que é un discurso no que non debo moverme e por iso decidín non continuar por ese camiño e aínda que, puntualmente, mostrei algunha destas obras, penso que non voltarei a elas. No meu discurso non deixa de ser algo anecdótico".

Esta apreciación sobre a miña propia obra -cuxa execución naquel momento abandonaba, mesmo calificándoa de anecdótica no conxunto do meu traballo-, resultou ser co tempo totalmente errada, de xeito tal que aquela forma de facer convertiuse, nestos dous últimos anos, no fundamento do meu traballo. Aquelas obras teñen cristalizado en series actuais como: Del diario de un noctámbulo, Del diccionario de los silencios, Del diccionario de los quebrantos e Del diccionario de la taumaturgia.

Aínda que o proceso creativo (polo menos na súa orixe) é similar ao empregado na execución da obra anterior, (parto dun feito plástico, nunca dunha realidade ou un feito obxectivo, nin dun acontecemento, nin dunha idea, ou dunha imaxe), senón que é a propia pintura a que actúa dunha forma xenesíaca, as manchas, os xestos, as liñas, a cor, van dando as claves no proceso do traballo que permiten a continuidade do mesmo, aínda que, como digo, "o proceso creativo é similar ao empregado na execución da obra anterior, o resultado final difire dabondo; estos elementos están obsesivamente pensados, medidos, controlados, intentando que o gratuito non teña cabida na obra, a anécdota ten desaparecido para permitir que o sobrio sexa o actor principal, entendo que son obras dunha grande tensión contida; e se ben recoñezo que a contemplación por parte do espectador dunha serie grande destas obras pode resultar un tanto austera, tamén entendo que pola súa plasticidade, a súa lectura non debería deixar de ser atractiva para dito espectador; a súa posible lectura non debería de resultar difícil. A miña obra está moi afastada da arte-espectáculo, cuxo despriegue non esperta o meu interese.

A utilización da Cor sofre unha transformación radical: todos aqueles anteriores espazos, texturados, densos, xenesíacos, cálidos, os esgrafiados, o uso dos amarelos, laranxas, ocres, brancos, añís, dourados, dan paso agora a unhas superficies planas, limpas e frías, as cores fánse moito máis sobrias e redúcense a unha gama de negros, grises, pardos, cores frías e ácidas, con fogonazos de luz, de laranxa, brancos, verdes, que inciden sobre eses espazos abertos escuros, espazos abertos aos que poñen fronteiras superficies planas, líñas rectas, certos elementos volumétricos e puntos de luz.

Sigo loitando contra a fórmula, o planteamento inicial (se cadra, a única premisa que me formulo ao iniciar unha obra), é intentar evitar os logros anteriores, pero a propia dinámica na execución da obra lévate a un resultado final que ten unha lectura formal moi similar ao anterior, quizais habería que deixar que as cousas transcurriran dun xeito máis natural, cando non forzas a obra o resultado é máis positivo, ademais de que, cando encontras claves que consideras acertadas, outras alternativas a miúdo xa non resultan estar á altura, ou polo menos isa é a impresión que te envolve, e acabas escollendo a opción que che parece máis acertada; na elección destas alternativas radica o tu crédito. Ás veces penso que son un pintor moito máis convulso do que, polo resultado final do conxunto da obra, poderíase deducir."

Texto: Pedro Muiño

Fonte: Galería Clérigos