Atalaia

Pedro Magalhães. Choiva, vapor e velocidade. 2013
> Pedro Magalhães. Choiva, vapor e velocidade
Datas: 21/11/2013 - 05/01/2014

Descrición

Comisariada polo equipo curatorial Os Tres, esta mostra presenta unha clara mostra da frescura e da falta de prexuízos dunha fotografía etiquetada como vernácula. As imaxes das vacacións, as reunións familiares ou, como  neste caso, os rexistros que irán directos á compañía aseguradora.

Continuadoras naturais das series sobre tuning, mostrar o desastre é básicamente dar dúas visións dun mesmo tema. Mozos seducidos por a máquina, por supuesto máis identificados co coche de carreiras que coa Vitoria de Samotracia. Futuristas por accidente e implicados ata o fondo nesta noble causa do motor. 
Declara Magalhães que esas imaxes, pese a non ser fruto do seu clic, si as sente como súas. Son imaxes da súa familia e polo tanto supoñen intres da memoria desta.
Pedro Magalhães (Porto, 1975) centra a súa práctica artística maioritariamente na fotografía. O seu traballo recente céntrase en diferentes aspectos da cultura (sub)popular, e é o resultado da investigación e o traballo de campo sobre as actividades de afeccionados como o patinaxe sobre rodas ou o tuning de coches. 
Tamén ten utilizado fotografías da súa vida cotián para construir narrativas que exploran as nocións de memoria. Pedro Magalhães ten exposto en diferentes galerías de Portugal e Inglaterra. Algunhas das súas exposicións máis significativas son P's Correspondence, na Selma Feriani Gallery, Londres, 2012, The low ride pleasure, na Galeria Nuno Centeno, Porto, 2011 ou "lutz-ritberg-euler-salchow", na Galeria Reflexus, Porto, 2009.
Fonte: Espazo miramemira