Atalaia

Eugenio F. Granell. Arriba con André Breton (1941, en Santo Domingo, Rep. Dominicana). Abaixo con Marcel Duchamp (1960, Nova York, Estados Unidos). Col. Fundación Granell
> O encontro na poética de Eugenio Granell
Datas: 19/06/2012 - 02/12/2012

Descrición

A vida de Eugenio Granell (A Coruña, 1912 - Madrid, 2001), estivo marcada por diferentes e importantes encontros persoais. Entre eles, a unha temprana idade, o encontro coa autobiografía de Trotsky, A miña vida; o encontro con Benjamin Peret na España da Guerra Civil española; o encontro con Amparo, quen sería a súa esposa, no tren que os levaba de Perpignan a Burdeos e ao exilio; o encontro con André Breton na República Dominicana en 1941 e, finalmente, o encontro con Marcel Duchamp en Nova York a principios dos 50.

Partindo deste fitos e conceptos, O encontro na poética de Eugenio Granell preséntase como un xogo co espectador que, nun percorrido pensado no exercicio da observación e a reflexión, vaise atopando con diferentes elementos, obras significativas, obxectos, construcións… que foron por un lado o resultado dun encontro e, polo outro, o detonador dun acto creativo.

Como se de unha traxectoria vital se tratase, cada un dos cinco espazos interdependentes polos que transcorre este "itinerario" danos a clave de como os acontecementos que rodearon a Granell ao longo da súa vida transformaron a súa visión do mundo e fomentaron producións diferentes, dependendo do momento e do contexto. Unha mostra na que o público descobre a construción técnica e intelectual do discurso plástico a partir dun acto tan humano e cotián como o encontro.

Fonte: Cidade da Cultura / Fundación Granell