Atalaia

Marta Moreiras. Da serie Finis Terrae. 2012. Fotografía cor montada en caixa de luz.
> Marta Moreiras. Finis Terrae
Datas: 31/05/2012 - 13/07/2012

Artistas

Marta Moreiras

Descrición

Marta Moreiras (1981, Santiago de Compostela), traza unha traxectoria lineal na súa vida a través da fotografía, coa que comeza a investigar á idade de 12 anos como actividade extraescolar no colexio e que segue perfeccionando ao longo dos anos. Licenciada en CAV Comunicación Audiovisual (Madrid), completa os seus estudos fotográficos na Escuela de Imagen EFTI (Madrid), e na Escuela de Diseño ELISAVA (Barcelona), cun Postgrao de Fotografía e Deseño.

Os momentos máis efémeros da vida os retrata dun xeito unánime en cada unha das súas viaxes dedicadas á fotografía documental. Entre eles, salientan as expedicións humanitarias a India e Senegal, por terlle aportado unha visión moito máis heteroxénea do cotián en diversos ámbitos, ademais da posibilidade de colaborar de maneira eficaz con varias ONG’s.

Transgresora ao seu xeito, Moreiras non se identifica con ningunha corrente específica, senón que se basea na súa propia teoría sobre a vida, dunha forma moi positiva e pouco rimbombante, característica que pon a proba e demostra compaxinando os seus estudos de fotografía, traballos documentais, exposicións e mostras de índole persoal.

Fonte: Galería Espacio 48