Atalaia

Marina-Morón. Qué oscuro el borde de la luz, IV. 2007. Fotografía dixital b/n direct print sobre dibond branco. 50x75 cm.
> Marina-Morón. a-chroma
Datas: 18/10/2012 - 14/12/2012

Descrición

O equipo artístico Marina-Morón (Jesús Marina Barba & Elena Morón Serna, profesor da Universidade de Granada e arquitecta, respectivamente), presentan a-chroma, a súa primeira exposición no espazo da Galería Marisa Marimón.

Marina-Morón veñen desenvolvendo a súa investigación artística ao redor da arquitectura e a imaxe. Os seus proxectos fundaméntanse nos conceptos de percepción e representación do espacio construído.

Nesta mostra -integrada dentro da programación do Outono Fotográfico 2012-, preséntase unha escolma da súa obra fotográfica recente en torno ao concepto de non-lugar, unha reflexión sobre a percepción do cromatismo e o baleiro.

Fonte: Galería Marisa Marimón