Atalaia

María Puertas. Paisaje azul. 2011. Pintura sobre metacrilato, 19x44 cm.
> María Puertas. Todo el espacio está solo
Datas: 10/11/2011 - 20/01/2012

Artistas

María Puertas

Descrición

Na súa primeira exposición individual na galería, titulada Todo el espacio está solo, pódese contemplar a máis recente creación de María Puertas (Ourense, 1973), coa que regresa de novo ao eido expositivo en Ourense. Na mostra exhíbense unha serie de traballos en metacrilato nos que predomina unha linguaxe sinxela, de liñas moi depuradas ou, noutros casos, liñeas xeométricas, reflectindo a súa paixón pola arquitectura e o equilibrio, cunha iconografía doada de recoñecer, empregando unha gama de cores moi reducida, interactuando unhas obras con outras en perfecta harmonía. Podemos observar unha obra moi persoal, aparentemente sinxela, que non doada, pero cunha gran complexidade de símbolos e ausencia de adornos, procurando sempre na súa mensaxe a claridade, sencillez e facilidade de interpretación.

Como explica a propia artista: "Todo el espacio está solo é o título dunha serie de traballos abordados baixo unha expresión concreta dentro da linguaxe, onde os corpos, cercados pola nada, xogan a ser imaxes que nos interrogan creando a ilusión de que unha ducia de trazos son dabondo para explicar o mundo. Todo se reduce a formas imprecisas, como o propio destino creativo, nas que unhas veces a xeometría, baixo o seu estigma, conecta puntos ou realidades tanxibles; e outras veces, unha rede de formas difusas dimensionan ilusións ópticas de pequenas rutinas como se o mundo se creara partindo de cero. Falamos dun respeto vehemente á orde da natureza e a disposición do espírito para descubrir o equilibrio das súas formas."

Fonte: Galería Marisa Marimón