Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Leopoldo Nóvoa. Alén do tempo un exhaustivo repaso pola produción pictórica dun dos grandes artistas de Galicia do século XX. A mostra está integrada por 29 cadros procedentes de diferentes coleccións persoais e institucións museísticas para presentar unha retrospectiva centrada na evolución que Leopoldo Nóvoa experimentou desde os anos cincuenta do pasado século ata pouco tempo antes da súa morte. Trátase, xa que logo, dun percorrido antolóxico especialmente enfocado cara á vida parisiense, posto que foi a capital francesa un dos lugares emblemáticos para comprender a pintura de Nóvoa, unha arte impregnada de referentes emotivos que converten a súa pintura nun medio de expresión das emocións máis intensas. A andaina de Nóvoa desde a figuración ata o Informalismo, do que practicamente se erixiu en paradigma, é un dos camiños que se poden trazar nesta exposición. A chegada aos seus cadros espaciais, aqueles que presentan innovacións na incorporación de materiais alleos aos propios pigmentos, simboliza a madurez artística dese Nóvoa que é hoxe quizais o máis coñecido. A aparición de elementos máis vinculados á escultura, como arames, pinchos ou puntas, sitúano ante un momento de cambio intenso na concepción da pintura, posto que, dalgún xeito, da man de Nóvoa, esta disciplina pasa reclamar tamén a tridimensionalidade que lle é inherente á escultura.
Fonte: Novacaixagalicia
Entrevista a Mercedes Rozas no Espacio de Arte (7/02/13) Correo TV