Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
José Pedro Croft (Porto, Portugal, 1957) está considerado un dos grandes nomes da escultura internacional, lega unha obra dunha simplicidade paradoxalmente complexa, laberíntica.
A liberdade que o espectador posúe á hora de mirar e situarse, tórnaa complexa, xa que todo obedece a un exercicio de duplicado da forma, ben ao subtraer parte da estrutura física do obxecto, nos seus anteriores traballos co xeso onde a realidade era violada mediante un proceso de ocultación, ben perturbando a súa posición normal ata alcanzar a súa total disfuncionalidade, sendo este desvío espacial o principio xerador das súas obras con espello ou cristal.
Para PALEXCO presenta un total de nove esculturas, algunhas delas inéditas e de grandes dimensións, así como quince debuxos. Croft representou a Portugal na Bienal de Venecia de 1995 e na Bienal de São Paulo de 1987. Expuxo individualmente en institucións como a Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa, o Museo Serralves do Porto (1997) ou o CGAC de Santiago de Compostela, que lle dedicou a súa primeira retrospectiva en España no 2003.