Atalaia

Maputo (2013)
> João Marçal. We are all alone
Datas: 14/03/2013 - 01/06/2013

Artistas

João Marçal

Descrición

João Marçal (Santarem, Portugal, 1980) ten desenvolvido e amosado a súa obra artísticas, nomeadamente, en Portugal e Inglaterra. Por primeira vez en España, expón na galería adhoc as súas novas obras pictóricas, baixo o título We are All Alone. Nas pinturas de Marçal, o camiño da abstracción desenvolve unha relación simbiótica cos territorios que, supostamente, son contradictorios: a hexemonia da imaxe, da representación e da narrativa. Así, a súa práctica asume simultáneamente un compromiso coa herdanza da pintura e o cumplir nostálxico do tempo, recurrindo frecuentemente a referentes e memorias autobiográficas.

Nas súas últimas series, João Marçal emprega patróns para encher toda a superficie da tela, como estratexia de desxerarquización da composición. Os elementos repetidos e as distancias entre eles, xamais obedecen a un rigor frío e xeométrico; hai sempre un lado expresivo e aleatorio que se trasluce e que diferencia cada pegada de cor. A imposibilidade de reproducir cada xesto de forma exacta, xera unha tensión constante entre a gralla e a precisión da composición repetitiva; cada pincelada revela algo diferente: a presión exercida, a súa transparencia, a definición das súas liñas.

A exposición, We are All Alone, toma o seu título da última peza musical do álbum Above (1995), único álbum de estudo da banda grunge Mad Season. We are All Alone é un tema instrumentalmente tranquilo e persistente, cuxa letra (de Layne Staley) resúmese na repetición puntual dun único verso “We are all alone”. Xerando unha analoxía co que acontece na superficie destas pinturas, esta última lamentación introspectiva que pon fin a unha catarse musical de dez temas, moi nostálxicos e depresivos, parece poder resonar ata o infinito, como se fora un patrón.

 

Fonte: Galería adhoc (T. S.)