Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Jan Baas. Memoria e estímulo visual

Atalaia

Jan Baas. Sen título. 2010. Da serie De Amsterdam a Corme.
> Jan Baas. Memoria e estímulo visual
Datas: 28/10/2011 - 20/11/2011

Artistas

Jan Baas

Descrición

De Amsterdam a Corme

Ao entrar en Corme vexo a magnífica bahía á miña esquerda.

Meu primeiro contacto.

Mediados de outubro e a luz é tenue e forte, como a luz do outono.

O apartamento da Fundación Torre Pujales, onde estarei estas dúas semanas, está no porto, encarando a bahía, no cuarto piso.

O primeiro que me chama a atención, e o fará todos estes días, é a preciosa luz que se reflicte da auga no estudio e enche todo o espacio. Un gran espello de auga reflectindo unha explosión de luz. Aquí é onde traballarei, un lugar especial.

A bahía e as súas colinas a ámbolos dous lados son unha nova expansión. Sigo a luz todos os días e vexo a cor cambiando na pera do faro vermello e branco. A luz está todo o día mudando e reforma a bahía e os seus arredores.

Un bote que parte párase, deixando unha liña na auga que orixina unha dicotomía. Cambiando o punto de vista. Miro todo, como se fora un cadro no que estou a traballar.

O tempo de Corme é dunha gran intensidade.

Para a vindeira exposición na Galería Atlántica Centro de Arte, na Coruña, oriéntome ao entorno e investigo as súas posibilidades e tesouros. A invitación da Fundación Eduarte en Amsterdam para participar no intercambio de artistas entre Holanda e España foi más que benvida. Aquí estou e agora é momento de traballar.

Todos os días unha visita ao faro de Punta Roncudo. É un momento establecido. Ao final do día quero estar alí, sentado nas ásperas rochas para ver o solpor.

En Amsterdam, na casa, é un gran luxo que vexa a posta do sol todos os días. Vivindo na cidade o horizonte non está presente e as escenas das rúas e o final do campo de visión determinan a túa orientación. Vivimos nun quinto piso, cara o oeste, que nos ensina maravillosos ceos que xorden todas as noites despois de desaparecer o sol. É un momento escollido nas nosas vidas: seren sorprendidos, unha e outra vez, polos inesperados efectos no ar e a sorprendente maravilla que conleva.

Nesta experiencia, Corme non foi diferente.

Absorbo a luz e decátome que os estou volvendo a pintar no meu traballo. Só a fereza e a intensidade o fan brilante e forzan aos brancos a seren máis brancos. A ferocidade do branco está mesmo máis presente do que tiña imaxinado.

As imaxes que continúan na miña memoria manexan o acto de pintar e determinan as escollas feitas no proceso de pintar intuitivamente. O entorno que experimentei ten unha gran entrada na miña obra. Permito as pegadas no meu traballo, aberto a todos os impulsos visuais. A miña linguaxe visual pode ser calificada como composicións, abstraccións, con formas longas inspiradas no entorno orixinal, pero agora cobran a súa propia vida independentemente. Isto é polo que non titulo as miñas obras, para darlles unha identidade autónoma e abrilas a todos os espectadores.

A cor é o punto de partida no meu traballo, como sempre. O efecto da cor oculta é un aspecto que xoga un continuo papel en todas as decisións que tomo durante o proceso de pintar. O peso dunha cor seguida da outra e as dinámicas que resultan disto, son como a miña propia tipografía e linguaxe.

Equilibrar, atreverse, tentar, pintar.

Isto chegou a ser unha serie.

Texto: Jan Baas (setembro 2011)

Link a imaxes da inauguración da mostra

Fonte: Galería Atlántica Centro de Arte, A Coruña