Atalaia

Itinerarios do vídeo. De LOOP a SCREEN (2003-2013)
> Itinerarios do vídeo. De LOOP a SCREEN (2003-2013)
Datas: 21/02/2013 - 12/05/2013

Descrición

A mostra percorre unha década de vida da plataforma cultural SCREEN Projects cunha selección de 19 vídeos que, dentro do contexto LOOP e SCREEN Festival, mostran a evolución da videoarte dende os anos 70 ata a actualidade.

SCREEN Projects é unha axencia cultural que desenvolve proxectos de referencia no ámbito da arte contemporánea e a cultura visual. Nace en 2003 en Barcelona co lanzamento da primeira feira mundial especializada en vídeo e cine de artista LOOP, á que segue o SCREEN Festival, un proxecto de cidade e evento de referencia europeo da videoarte.

Dende entón, realiza actividades como exposicións, eventos e conferencias en colaboración con diferentes entidades en numerosos países do mundo, consolidándose como un espazo de referencia para tomar o pulso á creación audiovisual.

Fonte: MAC