O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) e o Concello de Ourense presentan a exposición Identidade e ausencia, inauguran á nova sala de exposicións do Centro Municipal de Cultura, ubicado no antigo edificio do Banco de España (rúa do Paseo, 20).
Identidade e Ausencia. Figuracións convulsas na Colección Gas Natural Fenosa está formada por pezas pertencentes aos fondos da Colección de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa. A exposición plantexa un percorrido pola representación da figura humana ao longo das últimas dúas décadas arte contemporánea a través de 23 obras que contan cun elemento común: estar ao marxe das convencións dominantes do xénero do retrato.
Entre os artistas presentes nesta mostra figura unha ampla representación de creadores galegos, como Vari Caramés, Alberto Datas, Xoán Anleo, Elena Gómez Dahlgreen, Francisco Leiro e Carlos Rial, así como nomes destacados do panorama nacional. Entre eles atópase Bernardi Roig, Eduardo Arroyo, Carmen Calvo, Juan Genovés e Isabel Rocamora, entre outros.
Fonte: MAC Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa