Atalaia

Fernando José Pereira. Aparentemente nada se passa, 2011
> Fernando José Pereira. Aparentemente nada se passa
Datas: 25/02/2011 - 29/05/2011

Descrición

Fernando Jose Pereira (Porto, 1961), é un dos artistas portugueses que máis activamente interactuaron co contexto artístico galego. Doutorado pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a súa presenza expositiva en Galicia pasou por unha participación na Bienal de Pontevedra de 1998, e pola presentación de exposicións individuais: unha na Fundación Luis Seoane da Coruña (1998) e a outra no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela (en 1998 e 2004, respectivamente), e pola mostra organizada o ano pasado pola Galería adhoc en Vigo.

A súa actividade como profesor na Facultade de Belas Artes do Porto compleméntase cunha práctica reflexiva que adquire, nel, unha dimensión case tan importante coma a súa práctica estritamente artística. Non en balde foi membro fundador, xunto con Miguel Leal e Cristina Mateus, de VIROSE (www.virose.pt), unha das primeiras plataformas en rede creadas en Portugal para a reflexión sobre as relacións entre arte e tecnoloxía.

Entre a negación da estética e a negación da dor é posible construír unha noción exterior, a desanestesia, que se rexe por esta estrutura de desocultación da dor (real) e da beleza (realidade). A complexidade das estruturas de coñecemento que participan na construción da obra de Fernando José Pereira, ten por obxecto permitir o seu afastamento respecto do actual ofuscamento tecnolóxico. Os debuxos e vídeos do artista ofrécense ao espectador como segredos (enigmas) propostos para seren desvelados, como vixías do tempo que convidan á reflexión, condición, á súa vez, complexa e necesaria para a propia existencia da arte.

Fonte: CGAC