Estratexias visuais da persuasión aborda de forma visual e creativa a Historia do Cartel, desde as súas orixes no século XIX ata a actualidade. Para iso non se sigue unha rigorosa orde cronolóxica, senón que trázase diferentes liñas temáticas, con carácter evolutivo, que permitirán partir dos primeiros prototipos ata a sua pervivencia na actualidade. Analízase tanto os aspectos formais do deseño gráfico (e tipográfico) como os conceptuais, as estratexias de persuasión. Incidirase na relación entre arte e cartel, as influencias recíprocas da pintura, a fotografía (e o fotomontaxe) e das novas manifestacións artísticas en relación coas novas estratexias de marketing viral e ambient media. Gran parte do curso céntrase na evolución do cartel a través da análise das técnicas creativas máis utilizadas e eficaces. Aquí propóñense varias actividades, de carácter participativo, nos que analizaranse fotografías publicitarias (anuncios aos que se lles borrou o produto e slogan) ás que asociaremos conceptos, ideas, sensacións, etc., e estas a produtos a través dun slogan.
Fonte: MAC (Museo Arte Contemporánea Gas Natural-Fenosa)