Atalaia

Variaciones de pájaros (2014)
> Carla Andrade. Choven manchas de tempo
Datas: 14/11/2014 - 14/12/2014

Artistas

Carla Andrade

Comisariado

María Marco

Descrición

A exposición está composta por sesenta e cinco fotografías agrupadas en trece series, seis vídeos e dúas instalacións. Carla Andrade (Vigo, 1983) conta cunha ampla traxectoria dentro do campo da fotografía e o cine, realizando residencias artísticas en Islandia, Suecia, Bilbao, La Rioja e Nepal. O seu traballo tense exposto en centros de arte contemporánea como o Museo Guggenheim de Bilbao, MARCO ou Museo del Traje de Madrid; en festivais como PHotoEspaña ou no Mois de la Photo (París); e en países como EE UU, Suecia, Alemaña, Brasil, Rumanía, Reino Unido e Portugal.

Fonte: Concello de Vigo

Folleto da exposición