Atalaia

Biblioteca de olladas
> Biblioteca de olladas
Datas: 16/05/2014 - 04/07/2014

Descrición

Pepe Cáccamo, Daniel Caxigueiro, Carlos González Villar e Baldo Ramos comparten espazo na Galería Bus Station Space con intervencións que teñen como protagonista ao libro, entendido este como territorio aberto á complicidade da literatura e a arte.
Os versos engarzados á plástica establecen vínculos e crean novos xestos. A peripecia das historias contadas, encadeadas polas palabras e alentadas pola lírica dos gravados, os debuxos ou a escultura, provoca mensaxes visuais que resaltan o suxestivo e dan dimensión á maxia da creación.
En Biblioteca de Olladas a empatía entre os autores impulsa un intimismo de gradacións e transparencias poéticas que acaban por revelarse en todas e cada unha das propostas, nacidas dunha sensibilidade alentada polo ánimo común da poesía.

Fonte: Bus Station Space