Escombros reúne dezaseis obras realizadas pola artista entre os anos 2009 e 2014, entre as que se inclúen gran cantidade de obras xamáis expostas en España, dentro dun proxecto expositivo comisariado por Carolina Grau concibido en exclusiva para as salas da Fundación Luis Seoane. Precisamente, o título da exposición, Escombros (entullos), provén dunha desas obras inéditas no noso país, Debris [2012], a través da que a artista fai referencia ao lixo e os restos que flotan nos océanos, e que brotan finalmente nas orelas do mar, estreitamente relacionada cun dos temas frecuentes na súa obra como son as catástrofes naturais, e máis específicamente, ao impacto que lle causou o desastre do tsunami que asolou as costas de Tailandia en decembro de 2004 e as imaxes dos detritos e anacos consecuencia da desolación posterior á catástrofe. Tanto en Debris como nas demáis obras que forman parte da exposición, se fai evidente a presenza da linguaxe que Ángela de la Cruz emprega para afondar nas relacións entre pintura e escultura, grazas á estreita relación entre o tratamento dos elementos que componen as pezas e os títulos que as definen, así como na importancia que a artista concede ao uso da cor. Escombros reúne obras realizadas en dúas cores exclusivamente, branca e marrón, un recurso grazas ao que De la Cruz establece una comunicación moi especial tanto coa arquitectura da Fundación Luis Seoane e o seu emprezamento, como coa idea central de la exposición, con eses obxectos que xurden transformados na auga estancada, na lama, tras o desastre.
Fonte: Fundación Luis Seoane
Entrevista a Ángela de la Cruz e reportaxe sobre a exposición. Zigzag Diario (TVG)