Atalaia

Ana Teresa Ortega. Biblioteca Nacional, I, e Francisco Giner de los Ríos, 2009
> Ana Teresa Ortega. Lugares del saber y exilio científico
Datas: 21/05/2010 - 22/07/2010

Descrición

Nesta exposición, Ana Teresa Ortega (Alacante, 1952), combina a presentación de dúas series de imaxes fotográficas. Por unha parte, os espazos vinculados ao estudio e á educación, á investigación e ao coñecemento científico, con encuadres interiores, silenciosos e baleiros da Residencia de Estudiantes, Instituto Escuela Ramiro de Maeztu, Museo Nacional de Ciencias Naturais, Biblioteca Nacional, Instituto Ramón y Cajal, Instituto Nacional de Física e Química, Xardín Botánico, entre outros lugares representativos. Doutra banda, unha xeira de retratos -intervidos, con textos e documentos superpostos-, de persoeiros da ciencia como Antonio Zulueta, Leonardo Torres Quevedo, María de Maeztu, Ignacio Bolívar, Miguel Antonio Catalán, Luis Santaló ou Francisco Giner de los Ríos, que constituiron a avangarda española dunha pedagoxía ilustrada, racionalista e laica, entre finais do século XIX e o primeiro tercio do século XX, ata a fractura que supuxo a Guerra Civil e o posterior control da educación en mans da ditadura franquista. A fundación, en 1876, da ILE (Institución Libre de Enseñanza), por parte de Giner de los Ríos, converteuse no máximo expoñente desa concepción do ensino que reivindicaba, por riba de todo, a metodoloxía do pensamento científico para fornecer unha sociedade libre e preparada diante dos retos da época.

Fonte: Atalaia