Warning (512): /var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/tmp/cache/ is not writable [CORE/cake/libs/cache/file.php, line 267]
Alfonso Costa. Ser En

Atalaia

Alfonso Costa. Ser En. 2012. Acrílico sobre lenzo. 33x46 cm.
> Alfonso Costa. Ser En
Datas: 08/06/2012 - 27/07/2012

Artistas

Alfonso Costa

Descrición

 

Unha mostra con leit motiv ontolóxico, na que Alfonso Costa (Noia, 1943), aborda a través de 15 rotundos lenzos a súa preocupación esencial pola existencia humana, en ocasións desde un punto de vista filosófico e noutras como resposta a acontecementos recentes e como un canto á esperanza.

"Ser En é un proxecto que destila a esencia deste incansable creador -comenta Nuria Blanco, directora de Moret Art-. Unha vez máis, Alfonso móstranos a súa preocupación polo ser humano e a natureza, e nesta ocasión se cabe con máis forza xa que o terremoto de Fukushima, en Xapón, irrompeu na súa vida en plena xestación deste proxecto. Un proxecto redondo, cuxo colofón son os poemas que Eva Veiga escribiu inspirándose nas obras que o integran."

As obras de gran formato impactan pola súa rotundidade, a forza expresiva vese amplificada polo tratamento da cor e a viveza da pincelada, e atopan o seu perfecto contrapunto naquelas pezas nas que a natureza destaca pola súa sutileza.

Fonte: Galería Moret Art