Atalaia

Luis Caruncho
 Luis Caruncho

Opinións sobre Luis Caruncho

“Estou seguro de non esaxerar nada se digo que Luis Caruncho é unha das personalidades máis completas e positivas da arte contemporánea española.” Vicente Aguilera Cerni

“Como un músico, lenta, morosa, reflexivamente, Luis Caruncho volve e volve sobre as mesmas formas, pintando, construíndo estes sobrios relevos inscritos na gran tradición moderna da xeometría.” Juan Manuel Bonet

“As súas obras son un auténtico ritornello, unha serie de variacións sobre os mesmos temas, sempre iguais e sempre diferentes. Á pureza ascética e ao rigor conceptual das súas obras sempre lle infunde un hálito, un espírito de depurada sensibilidade.” Antonio Bonet Correa

“Quizais poda afirmarse que cada cadro de Caruncho é un teorema ou, mellor, a grafía exquisita dunha especie de secreta matemática da arte.” José Manuel Caballero Bonald

“Caruncho é un artista cunha dimensión renacentista, que cada día sorprende tanto pola súa capacidade profesional como pola diversidade dos seus intereses e saberes.” Rafael Canogar

“Luis Caruncho é artista, isto é, converte en obxecto de arte todo canto toca, sempre que ten a alma e a cabeza e as mans estruturadas dunha determinada e precisa forma.” Camilo José Cela

“Dentro dunha línea constructivista, nalgúns casos espacialista, cabe citar aquí, máis próximos a esta tendencia, os nombres de Luis Caruncho, Alejandro Mieres, Gómez Perales e Soledad Sevilla.” Gillo Dorfles

“Caruncho é un dos artistas claves do noso século XX.” Miguel Fernández-Cid

“O pensamento visual de Luis Caruncho está impregnado de paixón, de entrega, de amor. O que ocorre é que esa xenerosa actitude do artista circula discreta e como oculta, por baixo dos planos do cadro.” Domingo García-Sabell

“Os catro ferros de Caruncho non son liviáns en canto a materia, o son despois de que propoñen a imaxe dun instante. Velaí a súa certeza, catro formas idénticas dun metal sen disimulo compondo a silueta hiperreal dun instante mínimo.” Alberto González Alegre

“Arte misterioso a forza de claridade.” José Hierro

“Unha das traxectorias máis significativas do construtivismo en España, cuxa historia e análise teórica está en boa medida aínda por facer, é a de Luis Caruncho, artista dun trato exquisitamente lírico na súa utilización da xeometría.” José Jiménez

“Querido Caruncho: A verdade é que un cadro malo dá tristeza, cando é bo éncheche de cousas alegres, disponche á procura no camiño dos encontros.” Laxeiro

“O de Luis Caruncho é sempre unha vitoria da pintura fronte a calquera outra solicitación tendenciosa. Moi concretamente, e no seu caso, é unha vitoria da pintura sobre a organización xeométrica.” José María Moreno Galván

“Os seus cadros son paisaxes puras, campos de luz, en cuxa xeometría a fantasía enrédase e salgue ilesa. É como unha choiva oblicua, onde centellea o seu talento.” Manuel Rivera

“Caruncho busca as infinitas posibilidades que ofrece a forma xeométrica no espazo, gusta do plegamiento e do encarte, formando maclas poligonales que desenvolven un movemento en xiro.” María Luisa Sobrino

“Caruncho merece o respecto e a admiración de todos polos seus coñecementos, pola profundidade da súa obra e sobre todo, por ese arpón que lanza continuamente querendo captar a balea, sempre fuxitiva, do futuro.” Enrique Tierno Galván

“Cábeme o honor de ter presentado en Francia por primeira vez a Luis Caruncho, sen dúbida, un dos grandes contemporáneos españois. A súa obra caracterízase pola súa potencia e rigor extremado.” André Urban